Noticias

Atrás Teatro en Mera o venres 11 de novembro

 

 O venres 11 de novembro ás 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera  Boneca Lareta presenta o seu espectáculo Filosolfando, escrito e dirixido por Diego Rey.

 

Sinopse: É a continuación natural, tal vez a evolución necesaria, da anterior montaxe Sede de Mal. Nesta ocasión, os dous intérpretes suben ao escenario para reflexionar sobre unha cuestión simple, sinxela e mundana, unha cuestión que é tan vulgar que lle acontece a calquera, mesmo a un ninguén: a existencia! Esa é a cuestión e non outra. A filosofía proclama iso de que un ser humano “pensa, logo existe.” Pero... de verdade facemos unha cousa antes ca outra?

 

Elenco: Luís Iglesia e Xabier Deive

Xénero: comedia musical

Duración: 70 minutos

Prezo: 2,50 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.