Noticias

Atrás Teatro en Mera o sábado 21 de abril

Sábado 21 de abril ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

 Eme2 emoción & arte, presenta o espectáculo A Leituga.

 Autoría: César Sierra 

Dirección: Víctor Duplá

Sinopse: A Leituga é unha comedia tráxica sobre a familia, os asuntos non resoltos, as contas pendentes. O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e o instinto. Os medos e as miserias. A procura da felicidade. O dereito á vida e o dereito á morte. Elenco: María Vázquez, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Jose Barato e Mercedes Castro

Xénero: traxicomedia

Duración: 90 minutos

Público: maiores de 12 anos

Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).