Noticias

Atrás Teatro en Mera o sábado 19 de novembro

O sábado 19 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Eme2 Producións, presenta o seu espectáculo Get Back, escrito por Diego Ameixeiras e dirixido por Jorge Coira.

 

Sinopse: Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres. Se son normais e están en Londres é que probablemente sexan emigrantes. Están no metro e como non poden mirar para as paredes, miran para o móbil que vai cuspindo algunhas novidades do lugar do que proceden. Pero o metro detense. Para en ningures porque queda atascado no medio do túnel e pode ser unha avaría, un atentado, unha folga ou todas as cousas á vez. O metro para e comezan os problemas. Porque son cinco, porque teñen moitas cousas en común pero non o saben, porque están lonxe de onde son e porque cada un deles ten urxencias particulares.

 

Elenco: Afonso Agra, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido, Mercedes Castro

Xénero: comedia

Duración: 90 minutos

Prezo: 3,50 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.