O sábado 5 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o Departamento de Cultura conmemora o Día Internacional da Muller co espectáculo O Furancho, de Ibuprofeno Teatro, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso.
Sinopse: No Furancho pode consumirse o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante. Para quen non sexan tan amantes de beber alcol poderán gozar no Furancho Spa resort vitinícola Rosalía de Castro de tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che achegue relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.
Elenco: Isabel Risco e Marián Bañobre
Xénero: Comedia
Duración: 80 minutos
Prezo: 2,50 euros
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.