Noticias

Atrás TEATRO EN MERA O SÁBADO 16 DE ABRIL

 

O sábado 16 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez a compañía Teatro do Morcego, presenta o seu espectáculo Presidente, escrito e dirixido por José Prieto.

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores toman a decisión de que o presidente visitará persoalmente nas súas casas os seus posibles votantes para convencelos de que a súa opción é a mellor.

Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do presidente. Conseguirá o presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?.

Coñecerán o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.

 

Elenco: Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muiños e Federico Pérez

Xénero: comedia

Duración: 80 minutos

Prezo: 3,50 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.