TEATRO. Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Sábado 15 de outubro ás 20:30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
Incendiaria presenta Microspectivas dun Marica Millennial
Microspectivas dun Marica Millennial é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, MMM ofrece un espazo de transo no que redescubrir as raíces e refundar o presente. Coa reivindicación da propia identidade e a memoria como principal motor para a toma de consciencia e como impulso creador, o resultado da peza é unha viaxe sensorial que camiña polos lindes da performance, a instalación, a música, as artes do movemento e a creación escénica contemporánea.
Dirección: Vanesa Sotelo
Idea orixinal: Davide González
Dramaturxia: Vanesa Sotelo/Davide González
Interpretación: Davide González
Iluminación: Laura Iturralde
Espazo escénico: Carlos Alonso
Voz en off: Eduardo Cunha “Tatán”
Duración: 65 minutos
Público: adulto
Prezo: 4,00 €