Noticias

Atrás Teatro en Mera o domingo 3 de decembro

 O domingo 3 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera CoTeatro e Condetrespés, presenta o espectáculo Os límites do frío, escrito e dirixido por Lois Blanco.
Sinopse: Ata onde pode chegar unha persoa coa súa dignidade? O xogo pode ser descuberto no encontro co público. Manolo lévanos a través do presente e do pasado, protagonizando unha traxicomedia. “O teatro pode ser un refuxio, unha loucura de persoas crentes na ilusión. Ás veces a poesía resiste cando menos o esperas. Vivir na rúa pode ter múltiples caras, pero nunca a de renderse. O fracaso e o éxito igual non se levan ben, o que si fan é convivir eternamente.”
Elenco: Alejandro Carro.
Xénero: Traxicomedia.
Duración: 70 minutos.
As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2.50 euros a partir das 19:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.