Noticias

Atrás Ruta pola zona da Fonsagrada o 12 de maio

 ANDARES POR GALICIA. A CULTURA DA NATUREZA
12 de maio. Ruta pola zona da Fonsagrada. Ruta de Gallol e Pena Guímara
Combinación de rutas de sendeirismo pola ZEC Carballido, bosques atlánticos ben conservados no val do Río Rodil

15 km. Dificultade media-alta
• Zona núcleo do ZEC Carballido
• ZEC Río Eo e Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
• Aldea de Vilardíaz
• Hórreos de Romeán
• Outras construcións tradicionais: corripas, muíños
• Bosques caducifolios atlánticos
• Fervenzas (seimeiras) en ruta principal e achegamento á espectacular Seimeira de Vilagocende, noutro punto do concello
• Teixos centenarios na parroquia de Carballido
• Museo Comarcal da Fonsagrada-Museo Etnográfico
________________________________________

Ofertanse 40 prazas e a inscripción á actividade ten un prezo de 22 euros, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Información e inscricións a partir do mércores 25 de abril no Departamento de Cultura:
A Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13- 15172 Perillo)
Teléfono 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916)
cultura@oleiros.org - r.caparros@oleiros.org.