Noticias

Noticias

Atrás Ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Sarria-Portomarín

 

O sábado 1 de abril o Departamento de Cultura realizará a ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Sarria-Portomarín

 

A  ruta comprende saída de Sarria, ponte da Áspera, igrexa románica de Santiago de Barbadelo, Ribeira Sacra Lucense, encoro de Belesar, Portomarín e a igrexa de San Nicolao ou San Xoán.

 Distancia: 22,4 km

Dificultade: media-alta

 

Destinatarios/as: Público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta.

 

Prezo: 18 euros empadroados/as e 23 euros non empadroados/as.

 

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 13 de marzo e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

 

Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.

Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)

Tel.: 981 636 598 e 981 610 000 Ext.: 4915 - 4916

cultura@oleiros.org    r.caparros@oleiros.org