Noticias

Noticias

Atrás Ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Arzúa- Arca (O Pino)

A partir do vindeiro mércores 14 de febreiro ábrese o prazo de inscripción para a segunda ruta do Programa Andares por Galicia. A cultura da natureza..
Nesta ocasión o percorrido consistirá nunha ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Arzúa- Arca (O Pino) e terá lugar o sábado 3 de marzo.

É unha ruta de 19 km, con dificultade baixa e percorrerá os seguintes lugares:

• Arzúa. Capela da Madalena. Campo da feira. Praza de Galicia
• Lugares de Calzada, A Rúa e Ferreiros, de tradición xacobea
• Carballeiras en varios tramos do Camiño
• Ermida de Santa Irene. Fonte e carballeira
• O Pedrouzo. Núcleo principal con servizos, hostalaría, feiras…
• Museo vivinte do mel “O enredo do abelleiro”(Portodemouros)

A saída está dirixida a persoas maiores de idade e ten un prezo de 22 euros. Ofértanse 40 prazas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Información e inscricións a partir do mércores 14 de febreiro no Departamento de Cultura:
A Fábrica (Rúa do Inglés, nº 13- 15172 Perillo)
Teléfonos 981 63 65 98 ou 981 610 000 (Extensións 4915 e 4916)
cultura@oleiros.org - r.caparros@oleiros.org.