Noticias

Atrás RÚA EXT-CÉNICA: II FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

 

Do 13 ao 15 de xullo terá lugar a segunda edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa.

Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais na rúa dirixido a público xeral, con espectáculos para público familiar e outros para adultos. Diferentes prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporanea, teatro de rúa,…que intentarán transformar espazos non convencionais ao aire libre en escenarios onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. 

A intención da área de cultura é que esta segunda edición axude a ir consolidando o Festival como unha das citas culturais máis interesantes e agardadas do verán oleirense, convertindo a rúa nun novo contexto de exhibición. O festival conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

A entradas a todos os espectáculos será de balde.

A continuación describimos a programación:

  

 

   RÚA EXT-CÉNICA 2018: II FESTIVAL DAS ARTES ESCÉNICAS NA RÚA

 

Lugar: Praza Esther Pita / Praza do Castelo (Sta. Cruz)

Venres 13 xullo

20.00 horas

Javi Javichy: “Plato, platito, platete”

(malabares/clown)

 

21.30 horas

MUUM: “MUUM máis danza”

(danza/música)

 

Lugar: Praza Esther Pita Pita / Praza do Castelo (Sta. Cruz)

Sábado 14 xullo

 

12.30 horas

Compañía IO: “Contiguo”

(acrobacia/corda lisa/roda cyr/danza)

 

 

21.00 horas

MounQup + IGMIG

(música)

Lugar: Miradoiro Praia de Mera-Capela de Santa Ana (Mera) / Parque José Martí (Sta. Cristina)

Domingo 15 xullo

12.30 horas

Compañía La Mano Jueves:

“Ricky, el profesor de tenis”

(circo/clown)

21.00 horas

Sempü: ”Agua”+ Exire: “Nexos” +

Elahood: “impermeable”

(danza contemporanea)

 

 Para ver máis información do programa preme aquí.