Noticias

Atrás Proxección na Fábrica

 

O Departamento de cultura retoma as proxeccións cinematográficas organizando durante o mes de maio un ciclo de películas moi representativas do cine de animación feito no noso país nos últimos anos. As tres proxeccións que conforman o ciclo foron galardonadas con diferentes premios: O Apóstolo, De Profundis e Arrugas.

 
Todas as proxeccións programadas terán lugar no Auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo, ás 20.30 horas. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala. Este é o programa:
 
 
O APOSTOLO: Sábado 17 de maio
 
Dirección: Fernando Cortizo
País: España
Ano: 2012
Duración: 72 minutos
Xénero: animación
Cualificación: Non recomendada a menores de 10 anos
Música: Philip Glass, Xavier Font e Arturo Vaquero
Observacións:Nominada á mellor película animación nos Premios Goya-2013. Premio especial do xurado no Festival Fantasporto.
Sinopse: O Apóstolo conta unha escura historia de misterio ambientada no camiño de Santiago na que se mistura suspense, humor e fantasía a partes iguais. O protagonista, un preso recén fuxido da cadea, verase envolto nuns inquedantes sucesos ao tentar recuperar un botín agochado anos atrás nunha afastada aldea.
  
 
DE PROFUNDIS Sábado 24 de maio
 
Dirección: Miguelanxo Prado
País: España
Ano: 2006
Duración: 75 minutos
Xénero: longametraxe de animación para adultos
Cualificación: todos os públicos
Música: Nani García
Observacións: Nominada a mellor película de animación nos Premios Goya de 2007.
Sinopse: Había unha vez unha casa debaixo do mar, onde unha muller, tocando un violonchelo melancólico...agardaba ao seu amado, un pintor que sempre quixera ser mariñeiro para navegar entre as medusas, as estrelas de mar e os peces de mil cores que soñaba nos seus cadros.
  
 
ARRUGAS Sábado 31 de maio
 
Dirección: Ignacio Ferreras
País: España
Ano: 2011
Duración: 89 minutos
Xénero: longametraxe de animación
Música: Nani García
Cualificación: todos os públicos
 
 
Observacións: Baseada no cómic homónimo de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Algúns dos galardóns logrados son: 2 Premios Goya na edición do ano 2011 (Mellor película de animación e mellor guión adaptado). Nominada a Mellor película de animación nos Premios do Cine Europeo do ano 2012. Gran Premio á Mellor longametraxe de animación no Festival de Ottawa na edición do ano 2012.
Sinopse: Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico fanse amigos, Emilio, que padece un principio de Alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e doutros compañeiros que intentarán evitar que vaia a parar á pranta dos máis graves. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles acaba de iniciar unha nova vida.