Venres 26 de decembro ás 18.30 horas.
Auditorio C.C. A Fábrica, de Perillo.
A compañía teatral Baobab Teatro, presenta o seu espectáculo “Bailando cos contos”, dirixido por Óscar Ferreira e Andrea Bayer.
Sinopse: “Bailando cos contos” é un espectáculo de teatro que vai fiando diferentes contos, todos relacionados co baile, a música e as cantigas
Elenco: Andrea Bayer.
Xénero:
Duración: 45 minutos.
Prezo: 2,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores 5 anos.
Luns 5 de xaneiro de 11.30 a 13.30 horas.
Centro Cultural A Fábrica, Perillo.
Obradoiro de educación para a saúde: “Que nos piden os Reis Magos?”
Obradoiro dirixido por Rosa María López Encinas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os doce anos. As persoas participantes coñecerán a través dunha fábula a importancia da alimentación e da actividade física na saúde, no rendemento físico e intelectual, os grandes erros e as súas carencias, centrándonos na época do Nadal e terán que decidir que alimentos deixar aos Reis Magos na máxica noite de Reis. Expoñeranse as grandes preocupacións dos Reis Magos en relación coa comida lixo, a petición de xoguetes que non incentivan a actividade física e o desbaratamento de comida.
Entrada libre. As prazas son limitadas. Adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.