MÚSICA
Sábado 30 de abril ás 20.30 horas
Auditorio da Fábrica (Perillo)
Bea a de Estrella: Mareira
Procedencia: Galicia
Elenco: Bea a de Estrella (guitarra española e acústica), Carlos Freire (batería e percusión), Jose Manuel Díaz (contrabaixo e baixo eléctrico), Alejandro Vargas e Hadrian Rivas (piano e teclado), Rafa Sánchez Agustino (guitarra acústica e eléctrica) e Emilia Arija (voz)
Destinatarios/as: todos os públicos
Mareira é un traballo multidisciplinar, mésturanse diferentes formas de expresións artísticas arredor da música e da emoción. Este traballo conta coa colaboración de Pablo Milanés cantando Mareira, Rosa Aneiros relatando a vida e historia dun dos temas e Yolanda Castaño na parte poética; Mü Mbana traerá o mundo sonoro africano, Jairo Iglesias realizará o vídeo clip. Mareira faise posible grazas ao éxito da campaña de micromecenado, a través da plataforma verkami, e a achega de máis de duascentas persoas que xa son parte de Mareira.
Propoñemos unha presentación multidisciplinar con distintas intervencións, poéticas e narrativas, contando coas persoas que colaboran no disco. Neste formato de presentación irá incluído tamén o vídeo clip. Haberá tamén unha intervención artística dialogando a través da pintura e un diálogo coa expresión corporal e danza nun dos temas. Bea a de Estrella, cantautora de sentimentos e emocións propón unha viaxe musical, a súa voz cargada de forza e variedade de rexistros que propoñen un universo onde o público queira profundar. Son cubano, jazz, blues, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, forman parte da súa estética.
Prezo: 3,50 € (as entradas poderanse adquirir a través de www.ataquilla.com ou na billeteira do auditorio o propio día do espectáculo a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala).