Noticias

Atrás Obradoiros de gravado e estampación con temática de Nadal

O Departamento de Cultura organiza para estas vacacións escolares dous obradoiros de gravado e estampación con temática de Nadal no centro cultural A Fábrica.

 As persoas participantes darán nestes obradoiros os primeiros pasos para coñecer e aprender a utilizar as técnicas básicas do gravado sobre goma eva/linóleo e da estampación para a creación de adornos de Nadal e selos con diferentes materiais para facer símbolos, debuxos ou decorar papeis de agasallo e postais de Nadal.

 

Os obradoiros están dirixidos a rapaces e rapazas nacidos/as entre os anos 2005 e 2010.

 

  1. Luns 26 de decembro de 10.00 a 13.00 horas.  
  2. Martes 27 de decembro de 10.00 a 13.00 horas.

Ofertaranse 15 prazas para cada quenda e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición a partir do xoves 22 de decembro.

Para formalizar as inscricións contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica, persoalmente ou a través dos teléfonos 981 636 598 ou 981 610 000 (ext. 4915 e 4916).