Noticias

Atrás O SNL organiza un obradoiro de escritura creativa

 

Do sentimento á palabra é un obradoiro para promover o uso da lingua na escrita que se vai desenvolver do 17 de abril ao 8 de maio, os martes e xoves, de 19.30 a 21.00 horas, no centro cultural As Torres. Este curso, impartido por Pepe Taboada, é unha proposta para dar renda solta á creatividade dando valor aos sentidos, a través da imaxe, a música, os olores…
As persoas interesadas deberán inscribirse enviando un correo a lingua@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000.