Noticias

Atrás O ENTROIDO NA LIMIA

O entroido é unha das festas máis esperadas do ano e con máis tradición dentro das manifestacións culturais galegas.

 O Departamento de Cultura arranca este ano o Programa de Andares por Galicia, a cultura da Natureza cunha excursión ao Entroido na Limia o domingo 19 de febreiro, coincidindo co Domingo Corredoiro en Xinzo de Limia, onde aproveitaremos para facer unha visita guiada ao Museo do Entroido e viviremos en directo a presentación das Pantallas polas rúas deste municipio. O xantar será libre e, xa pola tarde, contamos cunha visita guiada ao Museo Etnográfico de Vilar de Santos.

 

O prazo de inscrición ábrese o luns 30 de xaneiro. As prazas son limitadas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

 

 

Para solicitar información e formalizar as inscricións contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica (Perillo),  persoalmente, a través dos teléfonos 981 636 598 ou 981 610 000 (ext. 4915 e 4916) ou por correo electrónico a cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org.