Noticias

Noticias

Atrás O domingo 19 de marzo chega a Oleiros a obra de teatro infantil A galiña azul

Oleiros, 16 de marzo de 2017.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, achega ao municipio a representación teatral para público infantil A galiña azul.  A obra terá lugar este domingo 19 de marzo, ás 12.00 horas no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación que se poderá recoller ese mesmo día a partir das 11.30 horas na conserxería da Fábrica. Esta obra ademais de promover a lingua entre o público familiar, constitúe tamén unha homenaxe a Carlos Casares, autor da obra e a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.
A obra está recomendada para nenos e nenas de 6 a 10 anos e cada familia asistente recibirá, ao finalizar a representación, un exemplar do libro de Carlos Casares A galiña azul en edición especial da Editorial Galaxia para a Rede de Dinamización Lingüística.