Noticias

Atrás O Concello Homenaxea a Roberto Vidal Bolaño na súa rúa

Oleiros, 13 de maio de 2013._ Este mércores, día 15 de maio, ás 12.00 horas, na explanada da Escola de Danza, o Servizo de Normalización Lingüística organiza un acto de homenaxe ás Letras Galegas na rúa Roberto Vidal Bolaño que hai no Concello. Esta rúa está situada na localidade de Perillo, ao lado do CEIP Valle Inclán, polo que no acto colabora o centro.

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística preparou un acto onde logo das distintas intervencións, o alumnado de 6º de primaria comentará a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño, o alumnado de 5º de primaria interpretará unha pequena parte da obra Touporroutou da lúa e do sol, e por último, alumnos e alumnas dos dous cursos bailarán unha peza de baile que aprenderán esa mesma mañá, nun obradoiro que van ter a cargo de monitoras do Grupo de Baile de Santaia, así mesmo, estarán acompañados por dous gaiteiros da mesma agrupación.