Noticias

Atrás MOSTRA DE FOTOGRAFIA NA FABRICA

 

 MOSTRA DE FOTOGRAFÍA

 
Stop ao tráfico de rapaces
 
Do 18 de setembro ao 5 de outubro.
Horario: de luns a venres de 8.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.30 h
Centro cultural A Fábrica. Rúa do Inglés 13, Perillo-Oleiros
 
(Inauguración: xoves 19 de setembro ás 20.00 horas)
 
 
             A Fábrica acolle a mostra fotográfica de Marcos Martínez e Marcos Cenamor. As fotografías, realizadas nos países de Senegal e de Malí, pretenden dar unha visión en positivo de África, de amosar a situación dos menores en países onde a organización Tierra de hombres ten delegación e en base á campaña “Destino incierto”, ver a vulnerabilidade dos menores naqueles países que sofren pobreza extrema, conflitos armados ou outros desastres humanitarios.
 
            Presentarase tamén o libro de Lino Braxe “O botín da miseria”, a beneficio da organización Tierra de hombres, onde o autor traslada unha visión da infancia, dirixida a público infantil e xuvenil e onde se comparan as realidades dos menores en países pobres e países desenvolvidos.