Noticias

Atrás MÚSICA NA FÁBRICA

O Domingo 6 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica a Agrupación Musical Albéniz presenta os seu espectáculo Invitación a unha viaxe sonora.

Espectáculo concibido por Rafael Alberti como unha cantata para recitador e cuarteto de laúdes (dúas bandurras, un laúd tenor e un laudón) con poemas orixinais do poeta e música de diversos autores na que nos ofrece un percorrido pola música galega e española desde o século XVI ate o século XX.

 

Elenco: Lucía Bao (voz), Orquestra da Agrupación Musical Albéniz (música)

 

Entrada libre, ata completar a capacidade da sala.