Noticias

Atrás III Foliada tradicional

  

                A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística organiza o vindeiro domingo 5 de xuño no parque do centro cultural As Torres, de Santa Cruz, unha foliada tradicional que pretende ser un ano máis un punto de encontro das diferentes agrupacións folclóricas existentes no concello. O obxectivo principal é fomentar o espíritu de convivencia entre elas e que compartan nun ambiente distendido experiencias, inquedanzas e novos proxectos. Durante toda a tarde todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e a cantar cos grupos. A partir das 13.00 horas serán moitas as actividades organizadas para disfrute de toda a familia: xogos tradicionais de precisión e habilidade para todas as idades elaborados artesanalmente con material de refugallo e obradoiros de cestería e de artes plásticas. Remataremos a tarde cunha queimada popular.

           Estas serán as agrupacións participantes: Os Rueiriños de Nos, o Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación artística e cultural Semente Nova de Perillo, a Agrupación cultural Dorna de Dorneda, a Agrupación folclórica Folliñas de Oleiros e Frouma.