O auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Perillo acollerá o vindeiro sábado 27 de febreiro ás 20.30 horas o concerto de LA COMPARSITA CON AIXA ROMAY.
“La Comparsita” nace como proxecto musical para celebrar unha vella idea: a música para o baile e o baile para a música. Un quinteto de músicos e a espectacular voz de Aixa Romay tratan de recuperar a calidade musical e a elegancia dos antigos salóns de baile cun repertorio cheo de boleros e outras cancións clásicas que, pese a ser compostas hai moitos anos, lembramos como se fosen de hoxe en día.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.