O departamento de cultura pon en marcha a segunda edición do seu programa de actividades de nadal: Días de nadal, agasallos de cultura. Dende o día 22 de decembro os nenos e as nenas poderán disfrutar dunha proxección de cine de animación, dun espectáculo de danza contemporanea, dun musical, dun espectáculo de teatro xestual e de diferentes obradoiros de artes plásticas con temática navideña.
Este é o programa de actividades:
1.Obradoiros de artes plásticas:
Centro cultural A Fábrica, de Perillo
Prazas limitadas: 15 prazas en cada quenda. Adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Terán preferencia as persoas empadroadas.
Luns 28: Obradoiro de Xoguetoloxía
1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).
2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).
Martes 29: Obradoiro de Nadal con material de refugallo
1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).
2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).
Mércores 30 de decembro: Obradoiro de adornos de Nadal.
1ª quenda:10.30-12.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2010 e 2012).
2ª quenda:12.30-14.00 horas. (dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2009).
2.Cine:
Martes 22 de decembro ás 18:00 horas
Auditorio centro cultural A Fábrica, de Perillo
Proxección de “Maimiño e o espello máxico”
Maimiño e o espello máxico é unha longametraxe de animación para todos os públicos, baseado no conto infantil Polgariño e na versión libre deste creada por José Martí. Gañadora do Premio Mestre Mateo, do Premio Coral, do Premio Caracol de animación e do Premio Cibervoto.
Sinopse: Maimiño é un pequeno e pobre campesiño que inicia a maior aventura da súa vida. Terá que loitar por salvar o Palacio do Rei das tebras e da sede, enfrontarse a un carballo encantado, atopará á súa media laranxa... e tamén a unha ladroa que lle roubará o corazón.
Dirección e guión: Ernesto Padrón
Música: Silvio Rodríguez e Manuel Riveiro
Xénero: Animación
Duración: 78 minutos
A entrada será gratuíta con invitación, que poderá retirarse no centro cultural A Fábrica desde as 17 horas, ata completar a capacidade da sala.
Proxección dirixida a público familiar e especialmente recomendada para nenos e nenas con idades entre os 4 e os 11 anos.
3. Espectáculos:
Mércores 23 de decembro ás 18:00 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
A compañía de danza Entremans, presenta o seu espectáculo “Xoga”, escrito e dirixido por Ana Beatriz Pérez e Kirenia Martínez.
Sinopse: Xoga é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.
Elenco: Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez.
Xénero: danza contemporanea.
Duración: 50 minutos.
Prezo: 3,50 €
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar e especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 6 anos.
Sábado 26 de decembro ás 18:00 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
Animundis Artes presenta o seu espectáculo “Animundis”, escrito por Benjamin Queiro e dirixido por Carlos Sante.
Sinopse: Espectáculo infantil multimedia de música e teatro. Coidadísimas composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas e participativas letras conforman o fío condutor desta obra coral na que dous actores e catro músicos contan a historia de Bim, o pingüín frioleiro, e Kiwi, o paxaro que non pode voar. O espectáculos que mostra as carencias dunha sociedade intolerante a través das tecnoloxías multimedia e a música infantil menos convencional.
Elenco: Anita Baker, Keke Diez, Manuel Brey, Carlos Clerins, Javier Sampedro e Nacho Goris.
Xénero: teatro musical
Duración: 60 minutos.
Prezo: 2,50 €
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar. Especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 10 anos.
Mércores 30 de decembro ás 18:00 horas
Auditorio centro cultural A Fábrica, de Perillo
Katarsis Educación-Teatro, presenta o seu espectáculo “PA CAMA”, unha idea orixinal de Carolina Ramos e Kevin Stewart baixo a dirección de Omar Alvarez e Kevin Stewart.
Sinopse: “Pa cama” é un espectáculo non verbal para a primeira infancia. Trátase dunha exploración de xogos entre dous amigos que antes de dormirse descubren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa inxenuidade fai que atopen diversión no máis sinxelo, en todo aquelo que lles rodea, no marco dun ambiente tan acolledor como é un dormitorio.
Elenco: Kevin Stewart e Estibaliz Veiga.
Duración: 30 minutos.
Prezo: 2,00 €
As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo dirixido a público familiar. Especialmente recomendado para nenos e nenas con idades entre 1 e 5 anos.
Podes descargar o programa premendo aquí.