Sábado 11 de maio ás 20.30 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, Mera
Gala 40 anos de Música Tradicional Xacarandaina
(Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completarse a capacidade da sala. Poderanse retirar como máximo 5 entradas por persoa)
A singularidade do espectáculo será volver a poñer enriba do escenario danzas e bailes que se estrearon hai anos e que non se volverán bailar, poñéndoas outra vez en repertorio, e así amosar a evolución da danza galega escénica desde 1979 até hoxe, facendo un espectáculo de grande valor escénico, histórico e etnográfico.
Nesta gala participarán máis de 40 artistas entre corpo de baile, músicos e pandereteiras, todos dirixidos por Quique Peón e a súa equipa de traballo.
Asociación Cultural Xacarandaina
Nace en 1978 co obxectivo de “educar para o mellor disfrute do lecer”. Durante estes anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estean incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espírito segue sendo o mesmo co que foi creada, sendo unha entidade que ofrece servizos á mocidade.
O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ten como misión fundamental a investigación do folclore galego. Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realizan espectáculos de gran magnitude e representan, tanto en Galicia, como no resto do Estado, así como no estranxeiro a través dos festivais internacionais onde participa. A Asociación é a que nutre ó grupo dos seus mellores bailaríns e músicos que son á vez mestres dalgunhas actividades da Asociación e traballaren para inculcar os seus coñecementos a moitos alumnos que teñen como meta chegar a formar parte do devandito grupo.