O xoves 1 de febreiro ás 20.00 horas inaugurase na Fábrica a exposición "Territorio acoutado", un proxecto que xunta poesía e fotografía. As lembranzas da poeta Olga Patiño de cando pasaba de nena os veráns na localidade de Carral (A Coruña) son o xermolo dun traballo conxunto de escritora e fotógrafo que deu como resultado un libro, unha exposición e un libro de artista. A exposición, que se presentou en novembro de 2017 en Carral, é itinerante, percorrendo diferentes localidades de Galicia (Betanzos, Oleiros, Arteixo, Sada, Culleredo, Abegondo, Cambre, Bergondo…).