Noticias

Atrás EXPOSICIÓN NA FÁBRICA DE LUIS GALÁN

 

Do 12 ao 28 de febreiro

EXPOSICIÓN ITINERANTE  “AS MARIÑAS DE NUNCA XAMAIS”

Ilustracións vectoriais de Luis Galán

Inauguración: o xoves 12 de febreiro ás 20.00 horas

O deseñador gráfico, Luís Galán, expoñerá no centro cultural A Fábrica a exposición itinerante organizada polo Consorcio das Mariñas As Mariñas de Nunca Xamais, con obras que recollen paisaxes dos  nove municipios que integran o Consorcio das Mariñas.

 

O título desta exposición pretende ser un xogo do autor co espectador a través das súas ilustracións vectoriais. As súas manchas de cores irreais e trazos desenfadados loitan por espertar a curiosidade por currunchos tan máxicos como próximos, e quizais descoñecidos, que esconde cada un dos municipios que forman o Consorcio As Mariñas.

  

 

Trátase de series de ilustracións vectoriais, a partir de bosquexos realizados a man alzada e editadas na técnica denominada giclée. As ilustracións vectoriais utilizan como ferramenta de traballo un software especializado. Estes debuxos, realizados utilizando como lenzo a pantalla do ordenador, non teñen limitacións de tamaño e resolución á hora de editalos en papel ou outros soportes. Luis Galán utiliza esta técnica de traballo para debuxar a man alzada co rato do ordenador por moi estraño que soe isto. Aínda que recoñece que, a pesar de pasar horas e horas ante un Mac, non é capaz de realizar a máis sinxela das ilustracións sen un bosquexo previo a lapis, bolígrafo ou rotulador.