Noticias

Atrás Este sábado na Fábrica preséntase Onde nacen as apertas?, de Beíña

 

Beiña, Bea Pena, é mestra da Escola Infantil A Canteira e presenta e fai a contada do seu primeiro libro infantil Onde nacen as apertas?. Unha obra que máis que un conto é un agradecemento, unha aperta para moitos desde o seu corazón.
Dentro do noso corazón, vive un gran sabio que nos acompaña e axuda á hora de expresar as nosas emocións a través das apertas. É moi doado empregalas, pero hai que saber escoitar, sentir e practicar a diario, para aprender a usalas.
Duración:  25 minutos
Idades: de 3 a 6 anos
Lugar: A Fábrica, Perillo
Inscricións: a partir do 7 de decembro a través do seguinte enlace: