Noticias

Noticias

Atrás Espectáculos teatrais para público infantil e familiar no centro cultural A Fábrica

O Departamento de Cultura presenta nesta semana de vacacións de Nadal tres espectáculos teatrais para público infantil e familiar no centro cultural A Fábrica.

 Todos os espectáculos terán lugar no Auditorio do Centro Cultural á Fábrica ás 18.00 horas. As entradas estarán á venda a un prezo de 2,5 € unha hora antes dos espectáculos ata completar a capacidade da sala.

 

A programación é a seguinte:

 

Mércores 28 de decembro ás 18:00 horas

Centro Cultural A Fábrica, Perillo

 

A compañía Caramuxo Teatro, presenta o espectáculo Pavillón Lino, escrito por Laura Sarasola e Juan Rodríguez e dirixido por Caramuxo Teatro.

Sinopse: Pavillón Lino é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido  Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista dedicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... Unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes: os auténticos autómatas; os monicreques de moca; Monquina "A  gorila bailarina" e como non, Charito de Mera e a súa pulga. Un espectáculo cunha coidada posta en escena para gozar en familia.

 

Elenco: Laura Sarasola, Juan Rodríguez e Xosé Vilarelle

Duración: 45 minutos

Prezo: 2,50 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo para público familiar a partir de 5 anos.

 

Xoves 29 de decembro ás 18:00 horas

Centro cultural A Fábrica, Perillo

 

A compañía Baobab Teatro, presenta o espectáculo Luppo, escrito por Andrea Bayer e dirixido por Óscar Ferreira e Andrea Bayer.

Sinopse: Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción.
Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especias e o xornal. E todos os días Luppo lle relata unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está...

 

Elenco: Andrea Bayer e Xosé Manuel Esperante

Duración: 50 minutos

Prezo: 2,50 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo para público familiar a partir de 4 anos.

 

Venres 30 de decembro ás 18:00 horas

Centro Cultural A Fábrica, Perillo

 

A compañía Tanxarina Títeres, presenta o espectáculo A casa do avó, escrito e dirixido por Cándido Pazó.

Sinopse: Un neno recibe o aviso de que o seu avó vai ser desaloxado da súa casa porque foi embargada por un banco. Na medida na que o neno se pon en marcha para axudar o seu avó dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras, nun encontro entre o cómico e o poético, que desembocan nun final feliz propiciado polo apoio solidario. Un traballo sobre mesa con siluetas e figuras planas articuladas e coa participación dos membros da compañía Tanxarina, nun permanente xogo de relación entre bonecos, escenografías e actores

 

Elenco: Andrés Giráldez Río, Eduardo A. Rodríguez Cunha “Tatán” e Miguel Borines Fernández (actores e manipuladores)

Duración: 50 minutos

Prezo: 2,50 euros

 

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. Espectáculo para público familiar a partir de 6 anos.