Noticias

Atrás Danza urbana no Auditorio de Mera

O sábado 27 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera Elahood, presentará o seu espectáculo de danza urbana La soledad de Wally.

Autoría: Julia Laport Rivas e Sabela Domínguez Pérez
Dirección: Julia Laport Rivas e Sabela Domínguez Pérez
Sinopse: La soledad de Wally está formada por catro pezas unidas por unha temática común pero exploradas desde diferentes puntos de vista: as relación sociais son indispensables para as persoas e a súa ausencia pode traer consecuencias negativas. A obra presenta a dualidade entre soidade e comunidade e a importancia de cultivar conexións reais. Elahood é unha compañía emerxente galega de danza urbana fundada en xaneiro de 2017.
Elenco: Julia Laport Rivas e Sabela Domínguez Pérez
Xénero: danza urbana
Duración: 45 minutos
Público: familiar

Prezo: 2,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala).