Venres 2 de marzo ás 21:00 horas
Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
A Compañía Entremans, estrea o seu espectáculo Gaia.
Autoría: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez Dirección: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez Sinopse: Gaia afonda no tema do noso planeta. Trátase dun proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa. Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza axúdannos a descubrir e comprender a intensidade, o poder e a beleza do noso planeta e os seus tesouros naturais. Elenco: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez Xénero: danza contemporanea Duración: 50 minutos.
Público: familiar (especialmente recomendado a partir dos 3 anos).
Prezo: 3,50 € (As entradas poñeranse á venda a partir das 20:00 horas, ata completar a capacidade da sala).