Noticias

Atrás DANZA EN MERA-SÁBADO 8 DE OUTUBRO

 

DANZA. Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Sábado 8 de outubro ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)

Kirenia Danza presenta Emigrantas

 

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena viven unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da derradeira diáspora, distintas das anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última vaga migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes.

Un grupo de mulleres creamos Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña doutras comunidades de emigrantes, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

O motor destas Emigrantas é pensar a actual vaga migratoria presente en complicidade con comunidades galegas no exterior e outras emigrantes en Galicia, para así construírmos unha peza que nos leve xuntas diante do presente fenómeno migratorio.

 

Dirección e coreografía: Kirenia Martínez Acosta

En escena: David Loira e Esther Latorre

Texto: Branca Novoneyra

Espazo sonoro: Babykatze e Bruno Baw

Vestiario: Jandro Villa

  

Prezo: 4,00 € (AS ENTRADAS POÑERANSE Á VENDA CON ANTELACIÓN A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM E NO PROPIO AUDITORIO A PARTIR DAS 19.30 H O MESMO DÍA DO EVENTO, ATA COMPLETAR A CAPACIDADE DA SALA)