Noticias

Atrás CONCERTOS: VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO

 

Auditorio do centro cultural A Fábrica, Perillo

Hora: 20.30 horas
Prezo: 2,5 € (as entradas poñeranse á venda a partir das 19.30 horas. Ata completar a capacidade da sala)
 
 
Sábado 8 febreiro: AS GRANDES DIVAS DO JAZZ
Concerto de MARIAN LEDESMA E OS TINAQUERO BROTHERS
 
             
            A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de bandas como Miki Nervio & The Bluesmakers ou May Thai & The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da hisotria do jazz interpretadas por mulleres. Poderás escoitar na sua fabulosa voz temas de  Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington ,Billie Holliday e a gran deusa Ella Fitzgerald. Ademáis das suas cancións coñecerás tamén anécdotas das suas vidas e da contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX. A formación está composta por un contrabaixo, guitarra, batería, saxo e voz.
 
 
 
     Sábado 15 febreiro: ANIMAL DE COMPAÑÍA
      Concerto de SILVIA PENIDE (Pop)
           
 
 
 
            A cantante e compositora Silvia Penide, acompañada da súa banda Los Animales (Fernando Lamas: batería, Rubén Barros-Deschamps: guitarra, Fran Castro: teclado e Serxio Moreira: piano) presentará temas do seu último disco “Animal de compañía”, un traballo persoal, íntimo, atrevido e cheo de letras duras e maduras.
 
    
     Sábado 22 febreiro: LA LUZ DE LOS GIGANTES
      Concerto de CESAR DE CETI (Canción de autor)
  
           

            Neste proxecto César rompe co formato máis acústico e se aventura con estilos que fan guiños ao rock e ao pop. As letras seguen tendo un carácter intimista pero cun aire novo máis eléctrico. Formación: Diego Barral (guitarras), Dresan Drex (batería), Juan Aparicio (baixo), Alberto Mouriño (batería), e Tonu Leiro (percusións).