Este venres 18 de maio a partir das 22.00 horas na Parque da Lagoa de Mera, SES tocará temas do seu quinto traballo “Readmirando a condición”, traballo no que a cantante coruñesa volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011.
“Readmirando a condición” está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como Tempestades de sal ou Non son fada. Desta volta, a cantora dálle un son máis SES ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente.
A entrada será de balde.