Noticias

Atrás Concerto de Rosa Cedrón na Fábrica

Dentro do V Ciclo de Música "Voces cálidas para noites de inverno" o sabado 24 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio da Fábrica terá lugar o concerto de Rosa Cedrón.

En ‘Nada que perder’ Rosa Cedrón toma a dirección dunha evolución natural, sen medo a dar renda solta á creatividade, experimentando para as súas melodías con novas sonoridades e texturas que poñen en relevo a súa proposta máis arriscada e persoal.

As emocións humanas básicas (o amor no seu máis amplo espectro, o medo, a tristura, a paixón) son a temática recorrente de ‘Nada que perder’, un disco que naceu das sombras para sumirse nun profundo proceso de investigación e experimentación e acabar converténdose nunha catarse persoal cuxo resultado desembocou nun espectro musical indefinible.

Nesta ocasión Rosa Cedrón canta en formato dúo, acompañada no piano por Miguel Arthus, autor dalgunhas letras do álbum, imprimindo poesía en cada unha das súas participacións e ornamentando o universo vocal de Rosa.

As entradas poñeranse á venda a un prezo de 3,50 € a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Só poderán venderse 5 entradas por persoa