Noticias

Atrás CONCERTO DE NANI GARCIA TRIO NA FÁBRICA

 

 

O Auditorio do centro cultural A Fábrica, de Perillo acollerá o sábado 3 de outubro ás 20:30 horas á formación jazzística Nani García Trío, que presenta o seu último traballo “Serendipia”.

Nani García volta á primeira liña da escea musical contemporánea recuperando o seu emblemático trío de jazz, un proxecto co que xa nos ano 80 logrou renovar o panorama jazzístico galego.

Con novos músicos e repertorio, pero mantendo a formación de piano (Nani García), contrabaixo (Simón García) e batería (Miguel Cabana), Nani  García Trío vai máis aló dos estándares e da creatividade esporádica propios do jazz convencional para apostar por unha estética integral e contemporánea, que afonde tanto no son das pexas como na execución instrumental. 

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.