Este sábado día 3 de marzo ás 20.30 horas finaliza o V Ciclo de Música "Voces Cálidas para Noites de Inverno" organizado pola área de cultura, co concerto de La habitación de la Música, grupo fundado en 2011 co propósito de versionar temas atemporais de jazz e bandas sonoras, presenta o espectáculo «Canciones para Soñar» dándolle o seu peculiar e emotivo toque persoal.
Charo Quicler (voz), Luis Peiteado (guitarra), Sergio Pena (baixo) e Juan Vigueret (batería e percusión de jazz), con arranxos propios, ofrecen unha singular versión de Clásicos do Soul e do Pop-Rock.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,00 euros, ata completar a capacidade da sala.