Noticias

Atrás CONCERTO DA AGRUPACIÓN BATUKO TABANKA NA FÁBRICA

 

O centro cultural A Fábrica, de Perillo, acollerá entre os días 19 e 30 de setembro a exposición promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade titulada Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade.

Esta exposición vai acompañada da actuación da agrupación musical Batuko Tabanka, que terá lugar o sábado 24 de setembro a partir das 20.00 horas. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.

 

Batuko Tabanka é unha agrupación musical composta por doce mulleres caboverdianas radicadas en Burela, que reivindican a música tradicional de Cabo Verde e a necesidade de difundir a cultura e tradicións do seu país dentro do tecido social galego.

 

 

 

Doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko. O trebón percusivo medra e reflúe periodicamente, acompañando cánticos entre os que se colan risos e desafíos. De cando en vez, no medio dunha canción, unha delas sae ao centro da escena, mostrando toda a forza do movemento africano, salseando diversidade cultural desde o medio do atlántico. O bruído rebelde de Batuko Tabanka dura tempo suficiente para poñer a "pel de galiña" a quen escoite estas batukadas, coladeiras, mornas... mesturadas co salseiro cantábrico que aporta Galiza.