Noticias

Atrás Cine o domingo 26 de marzo na Fábrica de Perillo

 

O domingo 26 de marzo ás 19:30 horas no Auditorio da Fábrica de Perillo terá lugar a proxección da película  EL DESCONOCIDO.

A entrada será libre con invitación ata completar a capacidade da sala. As invitacións poderán recollerse a partir das 18.30 horas.

Dirección: Dani de la Torre

Reparto: Luis Tosar, Javier Gutiérrez, Goya Toledo, Elvira Mínguez, Fernando Cayo, Paula del Río, Marco Ruiz, Luis Zahera, Ricardo de Barreiro, María Mera, Antonio Mourelos

País: España

Ano: 2015

Duración: 91 minutos

Xénero: thriller

Cualificación: non recomendada a menores de 12 anos

Sinopse: Carlos, executivo de banca, inicia a súa rutineira mañá levando os seus fillos ao colexio. Cando arranca o coche, recibe unha chamada anónima anunciándolle que ten unha bomba debaixo do seu asento e que dispón apenas dunhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro...