Noticias

Atrás Cine na Fábrica o domingo 25 de novembro

 O domingo 25 de novembro ás 19:30 horas no auditorio A Fábrica de Perillo terá lugar a proxección de Lobos Sucios

Sinopse: Manuela, unha mineira que sofre o rexeitamento dos demais por ser medio meiga, decide roubar aos nazis para tratar de curar a súa filla enferma. Nesta aventura, conta coa axuda de Candela, a súa irmá pequena. A película amosa como dúas mineiras galegas puideron cambiar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial. A película está ambientada nas minas galegas de volframio que foron explotadas polos nazis durante a guerra.

Dirección: Simón Casal.

Reparto: Marián Álvarez, Ricardo de Barreiro, Manuel Vellés e Isak Férriz.

País: España.

Ano: 2016.

Duración: 105 minutos. 

Xénero: thriller de aventuras 

Cualificación: maiores de 12 anos.

Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 18.30 horas, ata completar a capacidade da sala.