Noticias

Atrás CINE DE NADAL MARTES 28 NAS TORRES

HOTEL TRANSILVANIA

Martes 28 de decembro ás 18.30 horas

Teatro As Torres, Santa Cruz

 

 

A entrada será de balde con invitación ata completar a capacidade da sala.

Reservaranse as prazas a través do formulario habilitado ás 13.00 horas do día anterior ata ás 13.00 horas do mesmo día de cada película.

Para acceder ao link desta película preme aquí

 As prazas outorgaranse por orde de inscrición e no caso de ocuparse todas as prazas antes dese horario elaborarase unha lista de reserva para ocupar as posibles vacantes que xurdan.

De quedar invitacións sen adxudicar nesa franxa horaria entregaranse no propio espazo 30 minutos antes por rigorosa orde de chegada.

 Hotel Transilvania. Martes 28 de decembro. Teatro As Torres de Santa Cruz 

Título orixinal: Hotel Transylvania

Ano 2012

Duración: 91 min.

País: Estados Unidos

Dirección: Genndy Tartakovsky

Guión: Peter Baynham, Robert Smigel, Todd Durham, Dan Hageman, Kevin Hageman

Música: Mark Mothersbaugh

Fotografía: Animación

Elenco: Animación

Xénero: Animación./ Comedia/. Fantástico | Monstros /Comedia de terror

 

Sinopse

Desde o seu nacemento, Mavis vive no luxoso Hotel Transylvania, que foi creado para protexer aos monstros da ameaza dos humanos. Cando Mavis está a piques de cumprir a maioría de idade (118 anos), o seu pai, o Conde Drácula, prepáralle unha festa á que asisten os mellores amigos da familia: desde Frankenstein ata o Home Invisible ou a Momia; pero á celebración tamén asiste un home que se namora de Mavis.