O Departamento de Cultura abre o xoves 19 de setembro o prazo de inscrición para os Obradoiros de Teatro infantil e xuvenil dirixidos a nenos/a e xóvenes, que terán lugar un ano máis no Teatro As Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañán a partir do mes de outubro.
Este mesmo día ábrese o prazo de inscrición para o Obradoiro de Iniciación ao Teatro, para maiores de idade, que se desenvolverá os luns e xoves polas tardes neste mesmo espazo.
Estas actividades son de preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.