Noticias

Atrás ALFAROLEIROS 2022

 

 

Este ano 2022 celébrase a XXVIII edición da feira de olería de Oleiros, máis coñecida como Alfaroleiros. Terá lugar do 3 ao 7 de agosto no Parque Luis Seoane de Santa Cruz. Un ano máis, diferentes oleiros achegaranse a Oleiros para sementar o parque Luís Seoane de Santa Cruz de tradición e bo facer.

Paralelamente á Feira no mesmo Parque Luis Seoane e na praza Esther Pita, desenvolveranse diversas actividades de carácter lúdico-cultural (obradoiros, concertos, proxeccións, espectáculos de rúa, demostracións de olería…) para disfrute da veciñanza e das persoas que nos visitan nesas datas.

Podes consultar toda a programación premendo aquí.