Noticias

Atrás Ábrese o prazo para inscribirse no espectáculo Barquiño de Pau

Hoxe ábrese o prazo para inscribirse no espectáculo Barquiño de Pau, que terá lugar este sábado 14 de marzo, ás 18.00 h, na Fábrica. Para inscribirse nesta actividade da Tropa de Trapo, haberá que realizar a reserva de entradas a través do formulario https://forms.gle/sHvxUyBVmGY2csPf7. A entrada será gratuíta e terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros ata o segundo día de inscrición.

Barquiño de Pau é un espectáculo de teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Exploramos os sentidos dunha maneira amena, coa participación das crianzas, con diferentes texturas coma os módulos de papel estraza ou as esponxas naturais.

Sinopse: Soprando a nosa buguina, comezaremos a nosa viaxe nun Barquiño de Pau. Veremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións e moverémonos coma nécoras. E incluso daremos unha volta baixo o mar.

Este espectáculo está recomendado para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos.