Noticias

Noticias

Atrás Biblioteca de Montrove: Abril, mes dos libros

 

Esperámosche na Biblioteca de Montrove durante todo o mes de abril para celebrar diversas datas de gran importancia cultural, o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e o Día Mundial do Libro e Dereito de Autor (23 de abril):

Presentámosche unha Exposición Bibliográfica con obras da tríada literaria máis famosa da historia: Andersen, Cervantes e Shakespeare.

 

Asimesmo queremos iniciar aos máis pequenos/as na creación literaria a través da actividade "Facemos un libro?" na que poderán dar os seus primeiros pasos ilustrando relatos ou poñendo a súa imaxinación a funcionar para crear historias por si mesmos/as.


Finalmente, todos/as os usuarios/as que pasen pola biblioteca recibirán un pequeno agasallo.