RETOS E DESAFIOS NA SÚA CRIANZA
O título da charla é “Retos e desafíos na infancia cun diagnóstico TEA”, no Auditorio Das Torres De Santa Cruz, o xoves 15 de maio de 2025, ás 18:30H será impartida por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar especializada en acompañamentos a persoas no espectro autista e as súas familias.
O TEA (Trastorno do Espectro Autista) afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son indispensables na súa evolución, pero en moitas ocasións síntense soas e incomprendidas.
Por iso, precisan tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Nesta charla aberta informarase da existencia dun grupo estable de apoio para familias nesta situación.
Non é necesaria a inscrición previa.