Hoxe ás 10H, ábrese o período de inscrición para a viaxe a Ourense, do programa municipal, “Findes de lecer” a inscrición estará aberta hasta o día 12 de maio, ás 8H, no caso de ter mais solicitudes que prazas, as prazas serán adxudicadas por sorteo
Nesta ocasión será unha viaxe convivencial de tres días, a provincia de Ourense.
O obxectivo principal deste programa é potenciar a responsabilidade, a autonomía persoal e social, así como todas aquelas habilidades que favorezan unha axeitada integración social, no tempo de lecer.
A viaxe será os días os día 20,21,22 no mes de xuño.
Visitaremos o Mosteiro de Oseira, as Termas de a Barca de Barrantes, Allariz, o Castro de San Cibrao de Lás e Carballiño, onde pernoctaremos.
A maiores das visitas culturais, disfrutaremos de distintas actividades de mero de lecer
Haberá prazas para 15 persoas participantes.
Os requisitos son:
-Estar empadroadas no Concello de Oleiros.
-Ter certificado de discapacidade.
-Ter entre 12 e 55 anos.
As persoas que soliciten por primeira vez, a participación no programa, no caso de obter praza, deberán achegar por rexistro a documentación que lles sexa requerida.
O día 16 de Maio, comunicarase ás persoas admitidas a adxudicación da praza, e serán citadas xunto coas as familias, para unha reunión explicativa, en Villa Echeverry e así facilitar toda aquela información relativa a actividade.
Se necesita calquera outra aclaración, pode solicitala, chamando ao teléfono de atención veciñal, 981610000, ou ben escribirnos ao correo electrónico, s.sociais@oleiros.org