Actividades sociales

Atrás O próximo luns 16 de marzo, ábrese o prazo para a inscrición dun novo obradoiro do programa Coñecerse é vivirse. A importancia da nutrición nas mulleres. A (peri)menopausa sen tabús

Nesta ocasión, celebrarase o obradoiro A importancia da nutrición nas mulleres. A (peri)menopausa sen tabús, dirixido a abordar a relación entre alimentación, saúde e benestar nas etapas da perimenopausa e da menopausa.

Ao longo da sesión trataranse os principais cambios hormonais, metabólicos e físicos que poden producirse nesta etapa vital, ao tempo que se ofrecerá información práctica sobre alimentación e hábitos de vida saudables que poden contribuír ao benestar e ao coidado da saúde feminina. Ademais, reflexionarase sobre os tabús, silencios e visións negativas que adoitan rodear esta etapa, promovendo unha mirada máis informada, positiva e libre de estigmas.

A actividade terá unha metodoloxía participativa, baseada no diálogo e na posta en común de experiencias, co obxectivo de ofrecer ás participantes ferramentas e coñecementos útiles para tomar decisións sobre a súa saúde desde a autonomía e a información rigorosa.

¿A quién va dirigido?

A mulleres a partir dos 40 anos empadroadas no Concello de Oleiros. O número de prazas ofertadas é de 30.

Fecha del evento

Martes 24 de marzo   

Horario

Desde as 18:30h ata as 21:00h.

Lugar de Celebración

No  Salón de Actos do Centro Municipal de Formación ‘Isaac Díaz Pardo' (Rúa Regos 24, Urbanización Os Regos). CMF Isaac Díaz Pardo - Concello de Oleiros - oleiros.org

Plazo de inscripción

Do luns 16 de marzo ás 10:00h ao 22 de marzo ás 23:59h a través do formulario que se recolle ao final desta mesma entrada. 

Precio

De balde

Medios de contacto

Para máis información, contacta con nós no 981 61 00 00 (EXT 3112,3121,3601)no 604 02 51 60, ou nos correos igualdade@oleiros.org e igualdadeoleiros@gmail.com

Inscrición: A importancia da nutrición nas mulleres. A (peri)menopausa sen tabús