Actividades infantiles

Atrás Consertasso na horta na Fábrica

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

¿A quién va dirigido?

Familias con nenos e nenas de 3 a 6 anos

Fecha del evento

Domingo 5 de novembro

Horario

12.00 horas

Lugar de Celebración

A Fábrica

Plazo de inscripción

O proceso de inscrición finalizou, xa non quedan prazas para este espectáculo.

Precio

Gratuíto

Otra información de interés

As familias inscritas no programa Apego de Oleiros terán preferencia os dous primeiros días de inscrición.