Actividades infantiles

Atrás O vindeiro sábado As Torres acolle a Festa da Lingua

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un ano máis a Festa da Lingua, unha xornada chea de actividade para público familiar. O acto terá lugar en Santa Cruz,  no parque das Torres e no teatro.

Ás 12.00 h da mañá comezará a festa co Consertasso na Horta, de Brais das Hortas, un concerto onde a música e o humor se combinan para cantar e rir todas xuntasEstá recomendado para familias con nenas e nenos a partir de 3 anos e é preciso inscribirse para participar,  a través do formulario habilitado.

Para as crianzas de 0 a 3 anos, haberá unha coidada peza de teatro de bonecos e sensorial,  Meco e sono, de Xarope Tulú e Xiana Arias que terá lugar ás 17.00 h. A súa duración é de 35 minutos. A inscrición para este espectáculo xa está completa.

E xa para finalizar a xornada haberá Con lingua propia, de Peter Punk, ás 19.00 horas, onde o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción! 

A inscrición para o Consertasso na Horta, de Brais das Hortas e para Con Lingua Propia, de Peter Punk abrirá o xoves, 8 de maio, ás 9.00 horas. E terán preferencia as familias do Apego o xoves 8 de maio.

¿A quién va dirigido?

Público familiar

Fecha del evento

Sábado 10 de maio

Horario

De 12.00 a 20.00 horas

Lugar de Celebración

As Torres de Santa Cruz

Plazo de inscripción

A inscrición para o Consertasso na Horta, de Brais das Hortas e para Con Lingua Propia, de Peter Punk abrirá o xoves, 8 de maio, ás 9.00 horas.

Precio

De balde